Wednesday 24 de April de 2024

A sala municipal de exposicións de Brión acolle mañá venres “Contos para un mundo mellor”, un espectáculo de Mamá Cabra


 

A sala municipal de exposicións de Brión acollerá mañá venres 26 de abril, ás 18:00 horas, “Contos para un mundo mellor”, un espectáculo musical de Mamá Cabra dirixido a un público infantil de máis de 3 anos. Trátase dun espectáculo organizado polo Concello de Brión para conmemorar o Día do Libro, celebrado o pasado 23 de abril. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Diego Maceiras e Gloria Mosquera contaranlle aos nenos e nenas de Brión varias historias con músicas e cancións nas que tratarán temas como o medo, o coidado da natureza, o acoso escolar, o saber dicir non… Un divertido espectáculo que serve tamén para reflexionar sobre a importancia da empatía, da prudencia, da superación persoal ou da responsabilidade no noso día a día.